Gañamos a XIII Edición do Campeonato Nacional de Tortilla de Patata!
21/11/2011
Sábado 12 de Novembro de 2011. O Mesón O Pote de Betanzos resulta gañador do XIII Campeonato de España de Tortilla de Patata. Este premio foi a culminación por unha parte de dÃas de moito traballo, e por outra da maneira de entender un prato moi popular da gastronomÃa española. E asà é que en toda España coñécese Betanzos entre outras cousas pola súa Tortilla de Betanzos.A nós so nos queda agradecer e adicar o premio primeiro ós cociñeiros que dende hay cento e moitos anos comezaron con isto: Josefa Fraga, Elvira Romero, MarÃa Valiño. Máis tarde Jose Manuel Gómez Crespo (Crispi), gañador do certame no seu primeiro ano, e agora os que seguen coa tradición: "Pepa" de "Casa Miranda", "Casa Carmen", "A Casilla", "A Penela" e un longo etcétera.
Agradecer tamén ós nosos clientes, os visitantes galegos, os turistas nacionais e internacionais, o seguemento mostrado durante estes dÃas. E por último os estamentos oficiais da nosa vila dende 2009 ate agora, que xuntos fixeron e fixemos un pouco máis coñecida a vila.
Viva Betanzos e a súa tortilla!
Grazas, Alberto GarcÃa e Lida Vargas.



