O mesón
37 anos de esmerada adicación
Corría o ano 1971, cando a familia Gómez Crespo decide alugar unha adega típica de viño do pais e convertela nun mesón de tapas típicas e productos do pais chamado “Mesón O Pote”.
A familia Gómez Crespo rexenta o mesón durante 37 anos, e conseguen, gracias a unha boa cociña e unha esmerada dedicación, que o mesón sexa un sitio de referencia dentro da zona de viños betanceira.
No ano 2006 alúganlle o mesón a Alberte e Lida, unha xoven parella con sete anos na profesión de hostelería e restauración, que coa misma ilusión que a Familia Gómez Crespo ala polos anos 70 do século pasado, coa misma seriedade e bó facer, cos mesmos productos tradicionais, toman o relevo da familia Gómez Crespo, aportando frescura, novos pratos, novas ideas, e novos adiantos no sector da hostelería para o mesón.
Alberte, xerente na actualidade do mesón, comenza en serio nesta profesión, no ano 1.999, cun proxecto dun novo mesón no porto de Fontan – Sada – como saída profesional e sen percatarse que pouco a pouco íase enamorar desta profesión.
Na actualidade rexenta o mesón tendo como proxecto inminente a ampliación do mesón noutras zonas do territorio galego.
Lida, despois dun longo aprendizaxe o carón da “maestra cociñeira” Soledad Linares – Sole – no “Mesón Nordeste” de Sada, está como ninguén no mando dos fogóns.
Xunto a eles dous, encóntranse un grupo de profesionais formando esta nova etapa do mesón.


