logo
Igrexa de Sta. María

O Entorno

Betanzos é unha vila histórica que nos podemos atopar na provincia de A Coruña.

Non podemos falar de Betanzos sen mencionar a importancia histórica que tivo dentro do Reino de Galiza. Existen indicios de asentamentos primitivos no que hoxe coñecemos como Betanzos, pero temos que esperar a época do Imperio Romano para atopar documentación sobre a cidade có nome de Flavium Brigantium, se ben e certo que parte da historiografía actual sitúa esta cidade na Coruña actual.

Despois dun longo período, do que carecemos practicamente de información histórica, a principios do século XIII a poboación de Betanzos trásladase da súa antiga ubicación – San Martiño de Tiobre, conocido como “Betanzos O Vello” – á súa ubicación actual, sobre o antigo Castro de Untia.

Xa no ano 1465, Enrique VI concede a Betanzos o título de cidade, e e dous anos máis tarde permite a celebración dunha feira franca anual.

Anos máis tarde, na reorganización territorial de España, feita polos reis católicos, designa a Betanzos como capital de provincia, o que propicia a época de maior esplendor da cidade. Sen embargo, unha serie de incendios e malas colleitas supoñen o inicio dunha decadencia agravada, no 1834, coa nova división administrativa de Javier de Burgos, que integra a provincia de Betanzos na provincia de A Coruña.

No século XX, a chegada do ferrocarril revitaliza de novo a cidade, sendo na actualidade un importante núcleo turístico, comercial e administrativo da zona.

No ano 1970 o casco antigo de Betanzos e declarado conxunto histórico-artístico.

Debido á boa conservación deste casco histórico, na actualidade podemos disfrutar de abundantes monumentos da cidade, como a Igrexa de Santiago, San Franciso, Sta. María, Os Remedios, Sto. Domingo e un sin fin deles que converten a Betanzos na capital do gótico galego.

Betanzos, además de pola sua historia, tamén é famoso polas súas festas, das que podemos destacar a feira do queixo, a feira do viño, na primeira semana de Maio, a Feira Franca Medieval, na segunda semana de Xullo, e por suposto as súas festas patronais, do 14 o 25 de Agosto, có lanzamento de “O Globo” o día 16 de Agosto e as xiras ós caneiros o días 18 e 25 do mesmo mes.