logo
Venta de cestos

A Cociña

Galiza basa a súa cociña na gran variedade de productos de primeira calidade que posúe. Dende o mar ata a horta, pasando polas fabulosas carnes, fan da cociña tradicional galega un manxar exquisito para os paladares máis esixentes tanto dos galegos como da xente que visita a nosa rexión.

Os nosos mariscos e pescados, brillan con luz propia, quen non gusta duns percebes do Roncudo, dunhas sardiñas asadas de Sada, dunhas ameixas de Carril, do pulpo de Fisterra e Camariñas e da gran variedade de peixes, Merluza, Lubina, Rape, Sargos, Lubinas cociñados coas nosas salsas mariñeiras. Cabe tamén mencionar a nova cociña de autor, que ven pisando forte na nosa rexión, enriquecendo a cociña tradicional galega con novos pratos e novos ingredientes como algas ou erizos entre outros.

As nosas hortalizas son especiais gracias ó clima e as terras do país. Os repolos, os grelos e, como non, a pataca, acompañamentos esenciais en moitos dos nosos pratos tradicionais.

As carnes, empezando coa calidade da Terneira Galega, pasando polo cocho e sen olvidarnos da caza, fan posible que pratos como o Lacón con grelos, Xabarín con castañas, ou unha chuleta de terneira galega, teñan un sabor especial na nosa rexión.

E como non, o noso pan, é obrigado acompañar os nosos pratos cun bó anaco, cunha elaboración artesanal e con millo do país. Rexións como Carral, Carballo ou Cea son privilexados na elaboración artesanal deste acompañamento, e as nosas empanadas, feitas con masa de millo ou trigo, e recheas de cebola e carne, xoubas, mexillóns, berberechos ...


Señora cos queixos

E se despois de todo esto quedamos con fame, todavía nos quedan os nosos postres, pasteles caseiros elaborados cos nosos froitos (castañas, figos, mazás, fresas, ...), membrillo con queixo, xa sexa de Arzúa ou de tetilla, as nosas tartas, a de Santiago ou Mondoñedo como as máis coñecidas fora da rexión, e as filloas e orellas, postre típico do antroido galego.